Báixate o tríptico completo en pdf de Ribeiro de copas, atoparás ademáis un concurso moi especial
Os viños da Denominación de Orixe Ribeiro inundarán esta fin de semana as principais tabernas e bares de viños de Santiago de Compostela na campaña Ribeiro de Copas.
Por primeira vez 18 adegas do Ribeiro se presentarán en Santiago nunha iniciativa encamiñada a favorecer o acceso das grandes marcas do Ribeiro á hostalería e ao consumidor compostelán; aproveitando ademáis a cualidade de Santiago como capital turística, e o grande potencial da súa oferta hostaleira, que a converten nunha das máis relevantes rutas de viño en Galicia.
O Ribeiro de Copas, do 7 ao 9 de xuño, presenta unha mensaxe de consumo de viño de calidade nun tono desenfadado, afin ao “copeo” da noite compostelana. Deste xeito, o consumidor terá unha oportunidade única para degustar un total de 29 marcas (18 de branco e 11 de tinto), todas elas a copeo nos bares da cidade.
De xeito paralelo, a nosa sota de copas, proporá en cada establecemento colaborador preguntas relacionadas coa nosa Denominación, para sortear entre todos os participantes 18 viaxes de dúas persoa ao Ribeiro, nunha xornada que ningúen poderá esquecer.
Como actividade forte da fin de semana, o xoves 7 de xuño, 18 adegas do Ribeiro se repartirán ás 18 viñotecas da ruta para presentar os seus viños directamente ao consumidor, nunha noite na que Santiago beberá Ribeiro.
Adegas Participantes
Adega de Eladio
Adega Pousadoiro
Adega Sameirás
Alecrín
A Portela
Campante
Casal de Armán
Coto de Gomariz
Cunqueiro
Eloi Lorenzo
Lagar do Meréns
Manuel Formigo
Nairoa
Pazo Casanova
Pazo de Vieite
Pazo Lalón
Terra do Castelo
Valdavia
Locais colaboradores
A Casa do Medio Raíña, 18
A Moa San Pedro, 32
A Viña de Xabi Fernando III O Santo, 4
Abastos 2.0 Praza de Abastos
Acio Galeras, 28
ArteSana Gastrobar Avda. Ferrol, 9
Bicoca Entremuros, 4
Bistró Bar Leal San Pedro de Mezonzo, 5
Bodeguilla de San Lázaro San Lázaro, 104
Bodeguilla de San Roque San Roque, 13
Galopín Cantina Fernando III O Santo, 1
Garum Bistró Praciña da Penas, 1
La Flor Casas Reais, 25
O Celme do Caracol Raíña, 22
Restaurante Central Raíña, 15
Rte. Los Caracoles Raíña, 14
Restaurante San Jaime Raíña, 4
Tapería Castelao Rúa Nova de abaixo, 7