O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de actividades enogastronómicas programadas para os vindeiros 5 e 6 de maio co gallo da celebración da XLIX Edición da Feira do Viño do Ribeiro. O alcalde comentou que o cambio de datas vai ser definitivo e que se consolidará durante a primeira semana de maio.
“As actividades enogastronómicas axudarán a consolidar a Feira do Viño e servirán para vincular os nosos caldos coa comida de calidade e converternos nun destino turístico gastronómico de primeiro nivel”, explicou Marcos Blanco. Cómpre lembrar que a gastronomía é o segunda motivación dos visitantes que acuden a Galicia, despois do contorno paisaxístico e cultural.
Entre as actividades propostas resaltan os obradoiros de cociña ou showcookings nos que participarán os mellores cociñeiros de Galicia e que maridarán os viños do Ribeiro con cociña galega innovadora e tradicional. Ademais haberá actividades de cociña para nenos, obradoiros para os visitantes e talleres de maridaxe. O reputado cociñeiro Dani Guzmán será o coordinador destas actividades enogastronómicas e que contribuirán a dar unha imaxe de calidade ao viño do Ribeiro.
Outra das actividades consistirá nunha promoción do comercio local a través do mercado municipal. “Visitarase a praza de abastos de Ribadavia para aprender a maridar os produtos galegos tradicionais cos viños do Ribeiro contribuíndo a dar a coñecer os produtos da horta e alimentación da nosa terra”, explicou Marcos Blanco.
O alcalde salientou que a inclusión deste tipo de actividades contribuirá a darlle un cambio definitivo e unha maior profesionalización á Feira e a fomentar unha maior interactividade e participación dos visitantes, turistas e profesionais hostaleiros. Ademais de axudarlle aos adegueiros a conseguir contactos útiles. Agárdase a presenza de máis de 30 adegueiros e colleiteiros.
O prezo para os que participen nas actividades enogastronómicas será de 4 euros e de 2 para as persoas en paro.
O presidente do Consello Regulador D.O. Ribeiro, Luís Anxo Rodríguez, expresou a súa satisfacción polo cambio de datas e a realización de novas actividades que lle dean un impulso á Feira e unha maior proxección.
ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING
“XLIX FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”
SÁBADO, Día 5 de maio de 2012:
11.00 h.- Conferencia inaugural.
Imparte: Mercedes González, Presidenta de GALLAECIA.
12.00 h.-Obradoiro inaugural: "Mercado cociñando".
Imparte: Daniel Guzmán, cociñeiro de V TV - LA VOZ DE GALICIA.
13.00 h.-Obradoiro de pratos con razas autóctonas.
Imparte: Flavio Morganti. Chef de Casa Galileo - Dous Soles Repsol.
17.00 h.-Cata comentada de viños golosos da D.O. RIBEIRO.
Imparte: Mercedes González, Presidenta de GALLAECIA.
18.30 h.-Obradoiro de Cociña con produtos de Galicia Calidade.
Imparte: Domingo González. Pte. Asociación Cociñeiros Promotores da Cociña Galega.
19.30 h.-Cata comentada de viño tinto da D.O. RIBEIRO.
Imparte: Tres catadores de Asociación Galega de Catadores.
DOMINGO, Día 6 de maio de 2012:
12.30 h.- Obradoiro de Cociña de vangarda con harmonías do Ribeiro.
Imparte: Javier Rodríguez Ponte "Taky", Chef de Boqueté.
13.30 h.-Obradoiro de cociña INFANTIL.
Imparte: Chef Isaac, profesor da Escola de Hostalería de Vilamarín.
17.15 h.-Cata Vertical e análise das posibilidades de garda dos viño do Ribeiro.
Imparte: Pablo Vidal, Director Técnico do C.R.D.O. RIBEIRO.
VIGO ACOLLE A PRESENTACIÓN 50 ª EDICIÓN DA FERIA DO VIÑO DO RIBEIRO
As entidades organizadoras da Feira do Viño do Ribeiro elixiron a Cidade de Vigo para facer a presentación da 50ª Edición deste evento de exaltación do viño do Ribeiro. No Museo de Arte Contemporáneo se congregaron Marcos Blanco...[more]
PRESENTADO O PROGRAMA DE ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING “50ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”
No Salón de Plenos do Concello de Ribadavia tivo lugar a presentación do programa das actividades enogastronómicas da 50ª Edición da Feira do Viño do Ribeiro. No acto estaban presentes o Alcalde do Concello de Ribadavia, Marcos...[more]
OS VIÑOS DO RIBEIRO NO SALÓN GOURMETS DE MADRID
A Denominación de Orixe Ribeiro celebrou onte en Gourmets unha cata de harmonías dirixida ao sector profesional[more]
O C.R.D.O. RIBEIRO E O CONCELLO DE RIBADAVIA PRESENTARON O CARTEL PARA A 50ª FEIRA DO VIÑO
Un xurado profesional seleccionou a obra gañadora entre os 213 traballos presentados a concurso[more]
A 50 Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel
O concurso de Cartéis da 50 Feira do Viño do Ribeiro xa ten gañador. A continuación vos presentamos o cartel da Feira do Viño do Ribeiro 2013. [more]
Concurso de Carteis da 50 Feira do Viño do Ribeiro
O concurso de Cartéis da 50 Feira do Viño do Ribeiro queda listo para sentencia. Hoxe mesmo, se coñecerá o nome do gañador e poderemos ver o cartel da feira deste ano.[more]