A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 49ª edición, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de maio de 2012, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense) realizará este ano unha novedosa convocatoria.
O Concello de Ribadavia e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro teñen a honra de convocar a tódalas persoas que leven por apelido Ribeiro ou Riveiro, a unha xuntanza con motivo da Feira do Viño do Ribeiro, na cal se lle rendirá unha homenaxe por tan alta distinción e entregaráselles un diploma e agasallos conmemorativos por ser “Ribeiro Distinguido”.
CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR DA XUNTANZA “RIBEIRO ERES TI”:
Posuír o apelido Ribeiro ou Riveiro
Estar disposto a coñecer o Ribeiro e a xuntarse na Feira do Viño para dita actividade.
Declararse amante do viño e do Ribeiro.
Confirmar a participación mediante inscrición.
Entre os obxectivos desta iniciativa están o de identificar os apelidos Ribeiro/Riveiro coa comarca vitivinícola do mesmo nome, fomentar a popularización e difusión do viño polo nome e apelidos das persoas que o portan, crear embaixadores da comarca do Ribeiro que a identifiquen polo seu apelido, provocando un sentimento de pertenza e ligar o viño do Ribeiro ás persoas, as orixes e a tradición.
PROGRAMA DOMINGO 6 DE MAIO DE 2012
11:30 h. Recepción e benvida no Concello de Ribadavia.
11:45 h. Entrega do Diploma “Ribeiro distinguido” e agasallos conmemorativos, no recinto da Feira (aula de actividades).
12:00 h. Conferencia sobre as orixes do apelido e persoeiros notables de tan ilustre apelido.
As persoas que cumpran os requisitos poderán formalizar a súa inscrición na Oficina de Turismo de Ribadavia, a través do teléfono 988471275 ou do correo electrónico turismo(at)ribadavia.es e tamén a través das redes sociais (Facebook e Twitter) da Feira do Viño do Ribeiro.
Por outra parte, xa está aberto o prazo para inscribirse no Obradoiro de cociña “Mercado Cociñando”, no que os interesados acompañarán ao cociñeiro Dani Guzmán, a realizar a compra na praza de abastos de Ribadavia dos produtos que, posteriormente, prepararán no recinto da Feira. A inscrición, tanto para este obradoiro como para os restantes, así como as entradas para o “Tren dos Viñedos”, pódese realizar dende xa, na Oficina de Turismo de Ribadavia, a través do teléfono 988471275 ou do correo electrónico turismo(at)ribadavia.es
Os días 1 e 2 de xuño, adegas da Ruta do Viño do Ribeiro abrirán as súas portas para todos aqueles visitantes que se queiran achegar a visitalas. Ofreceranse menús degustación nos restaurantes e haberá ofertas especiais nos...[more]
VIGO ACOLLE A PRESENTACIÓN 50 ª EDICIÓN DA FERIA DO VIÑO DO RIBEIRO
As entidades organizadoras da Feira do Viño do Ribeiro elixiron a Cidade de Vigo para facer a presentación da 50ª Edición deste evento de exaltación do viño do Ribeiro. No Museo de Arte Contemporáneo se congregaron Marcos Blanco...[more]
PRESENTADO O PROGRAMA DE ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING “50ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”
No Salón de Plenos do Concello de Ribadavia tivo lugar a presentación do programa das actividades enogastronómicas da 50ª Edición da Feira do Viño do Ribeiro. No acto estaban presentes o Alcalde do Concello de Ribadavia, Marcos...[more]
OS VIÑOS DO RIBEIRO NO SALÓN GOURMETS DE MADRID
A Denominación de Orixe Ribeiro celebrou onte en Gourmets unha cata de harmonías dirixida ao sector profesional[more]
O C.R.D.O. RIBEIRO E O CONCELLO DE RIBADAVIA PRESENTARON O CARTEL PARA A 50ª FEIRA DO VIÑO
Un xurado profesional seleccionou a obra gañadora entre os 213 traballos presentados a concurso[more]
A 50 Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel
O concurso de Cartéis da 50 Feira do Viño do Ribeiro xa ten gañador. A continuación vos presentamos o cartel da Feira do Viño do Ribeiro 2013. [more]