Ruta do Viño do RibeiroInicioNoticia

Novas

07.03.2012 00:00
A Feira do Viño do Ribeiro pontenciará a enogastronomía coa celebración de obradoiros de cociña e maridaxes por parte dos mellores cociñeiros de Galicia

O obxectivo do Concello é dinamizar a Feira, vincular viño e comida e darlle unha maior dimensión aos produtos da terra para mellorar a promoción.

O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de actividades enogastronómicas programadas para os vindeiros 5 e 6 de maio co gallo da celebración da XLIX Edición da Feira do Viño do Ribeiro. O alcalde comentou que o cambio de datas vai ser definitivo e que se consolidará durante a primeira semana de maio.

As actividades enogastronómicas axudarán a consolidar a Feira do Viño e servirán para vincular os nosos caldos coa comida de calidade e converternos nun destino turístico gastronómico de primeiro nivel”, explicou Marcos Blanco. Cómpre lembrar que a gastronomía é o segunda motivación dos visitantes que acuden a Galicia, despois do contorno paisaxístico e cultural.

Entre as actividades propostas resaltan os obradoiros de cociña ou showcookings nos que participarán os mellores cociñeiros de Galicia e que maridarán os viños do Ribeiro con cociña galega innovadora e tradicional. Ademais haberá actividades de cociña para nenos, obradoiros para os visitantes e talleres de maridaxe. O reputado cociñeiro Dani Guzmán será o coordinador destas actividades enogastronómicas e que contribuirán a dar unha imaxe de calidade ao viño do Ribeiro.

Outra das actividades consistirá nunha promoción do comercio local a través do mercado municipal. “Visitarase a praza de abastos de Ribadavia para aprender a maridar os produtos galegos tradicionais cos viños do Ribeiro contribuíndo a dar a coñecer os produtos da horta e alimentación da nosa terra”, explicou Marcos Blanco.


O alcalde salientou que a inclusión deste tipo de actividades contribuirá a darlle un cambio definitivo e unha maior profesionalización á Feira e a fomentar unha maior interactividade e participación dos visitantes, turistas e profesionais hostaleiros. Ademais de axudarlle aos adegueiros a conseguir contactos útiles. Agárdase a presenza de máis de 30 adegueiros e colleiteiros.

O prezo para os que participen nas actividades enogastronómicas será de 4 euros e de 2 para as persoas en paro.

O presidente do Consello Regulador D.O. Ribeiro, Luís Anxo Rodríguez, expresou a súa satisfacción polo cambio de datas e a realización de novas actividades que lle dean un impulso á Feira e unha maior proxección.





ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING

“XLIX FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”


 

  • SÁBADO, Día 5 de maio de 2012:


11.00 h.- Conferencia inaugural.

Imparte: Mercedes González, Presidenta de GALLAECIA.


12.00 h.-Obradoiro inaugural: "Mercado cociñando".

Imparte: Daniel Guzmán, cociñeiro de V TV - LA VOZ DE GALICIA.

 

13.00 h.-Obradoiro de pratos con razas autóctonas.

Imparte: Flavio Morganti. Chef de Casa Galileo - Dous Soles Repsol.

 

17.00 h.-Cata comentada de viños golosos da D.O. RIBEIRO.

Imparte: Mercedes González, Presidenta de GALLAECIA.

 

18.30 h.-Obradoiro de Cociña con produtos de Galicia Calidade.

Imparte: Domingo González. Pte. Asociación Cociñeiros Promotores da Cociña Galega.

 

19.30 h.-Cata comentada de viño tinto da D.O. RIBEIRO.

Imparte: Tres catadores de Asociación Galega de Catadores.



  • DOMINGO, Día 6 de maio de 2012:


12.30 h.- Obradoiro de Cociña de vangarda con harmonías do Ribeiro.

Imparte: Javier Rodríguez Ponte "Taky", Chef de Boqueté.


13.30 h.-Obradoiro de cociña INFANTIL.

Imparte: Chef Isaac, profesor da Escola de Hostalería de Vilamarín.


17.15 h.-Cata Vertical e análise das posibilidades de garda dos viño do Ribeiro.

Imparte: Pablo Vidal, Director Técnico do C.R.D.O. RIBEIRO.


 

Siguenos en...



Novas

24.05.2013

Os días 1 e 2 de xuño, adegas da Ruta do Viño do Ribeiro abrirán as súas portas para todos aqueles visitantes que se queiran achegar a visitalas. Ofreceranse menús degustación nos restaurantes e haberá ofertas especiais nos...[Leer más]


19.04.2013

VIGO ACOLLE A PRESENTACIÓN 50 ª EDICIÓN DA FERIA DO VIÑO DO RIBEIRO

As entidades organizadoras da Feira do Viño do Ribeiro elixiron a Cidade de Vigo para facer a presentación da 50ª Edición deste evento de exaltación do viño do Ribeiro. No Museo de Arte Contemporáneo se congregaron Marcos Blanco...[Leer más]


10.04.2013

PRESENTADO EL PROGRAMA DE ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING “50ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”

En el Salón de Plenos del Ayuntamiento de Ribadavia ha tenido lugar la presentación del programa de las actividades enogastronómicas de la 50ª Edición de la “Feira do Viño do Ribeiro”. En el acto estaban presentes el Alcalde del...[Leer más]


10.04.2013

LOS VINOS DEL RIBEIRO EN EL SALÓN GOURMETS DE MADRID

La Denominación de Origen Ribeiro celebró ayer en Gourmets una cata de armonías dirigida al sector profesional[Leer más]


05.04.2013

EL C.R.D.O. RIBEIRO Y EL CONCELLO DE RIBADAVIA PRESENTARON EL CARTEL PARA LA 50ª FEIRA DO VIÑO

Un jurado profesional ha seleccionado la obra ganadora entre los 213 trabajos presentados a concurso[Leer más]


05.04.2013

La 50 Feira do Viño do Ribeiro ya tiene cartel

El concurso de Carteles de la 50 Feira do Viño do Ribeiro ya tiene ganador. A continuación os presentamos el cartel de la Feira do Viño do Ribeiro 2013. [Leer más]


 

Lorem ipsum
Lorem ipsum
Lorem ipsum