Ruta do Viño do RibeiroInicioNoticia

Novas

07.05.2012 12:26
O Ribeiro entrega os premios da Feira do Viño do Ribeiro

O C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia entregaron os premios da Cata Popular e do concurso de escaparates da 49ª edición da Feira do Viño do Ribeiro.

O alcalde de Ribadavia, D. Marcos Blanco Jorge e o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, D. Luis Anxo Rodríguez Vázquez, estiveron a cargo da entrega de premios na que tamén participaron concelleiros do goberno de Ribadavia, membros da oposición, e D. Rogelio Martínez, delegado da Xunta de Galicia en Ourense.

PREMIOS CATA POPULAR DA 49ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

Premios concedidos polos visitantes da feira mediante a súa valoración en cata a cegas dos viños das adegas expositoras. O concurso tivo lugar no local social da Madalena os días 4 e 5. Nel participaron un total de 28 mostras (18 de viño branco e 10 de viño tinto) e emitiron os seus votos preto de 200 persoas, outorgando os seguintes premios:

VIÑOS BRANCOS DE ADEGAS

- 1º premio: Divino Rei de Castro Rei S.L.

VIÑOS BRANCOS DE COLLEITEIROS

- 1º premio: Leive Paradigma de Adegas Áurea Lux S.L.
- 2º premio: Pazo Lodeiro de Julio Vázquez Quintela.

VIÑOS TINTOS
- 1º premio: Elisa Collarte de Elisa Collarte Bernárdez
- 2º premio: Viña do Avó de Antonio Cajide Gulín.

Por maior proximidade das súas puntuacións aos premios finalmente outorgados neste concurso, distinguíronse como mellores catadores nas modalidades de branco e tinto a:

MELLOR CATADOR DE VIÑOS BRANCOS
- Laura Varela Bellón (de Miño – A Coruña)

MELLOR CATADOR DE VIÑOS TINTOS

- Óscar López Iglesias (de Barbadás – Ourense)


PREMIOS CONCURSO DE ESCAPARATES

Participaron nesta edición un total de 20 establecementos comerciais de Ribadavia. O fallo do xurado integrado por dúas escaparatistas, o concelleiro de Turismo de Ribadavia e un representante do C.R.D.O. Ribeiro outorgou:

PRIMEIRO PREMIO

- Tríos Moda

ACCÉSIT

- Parafarmacia Salux

ACCÉSIT

- Moncho Fotógrafo


Cata Oficial

Os premios da Cata Oficial do Consello Regulador da D.O. Ribeiro debido á metodoloxía establecida nas súas bases, que inclúe a toma de mostras no mercado, seguiranse a celebrar en xuño, desvelando os seus resultados nun acto programado para o vindeiro 21 dese mes.


 



 

Siguenos en...



Novas

19.04.2013

VIGO ACOLLE A PRESENTACIÓN 50 ª EDICIÓN DA FERIA DO VIÑO DO RIBEIRO

As entidades organizadoras da Feira do Viño do Ribeiro elixiron a Cidade de Vigo para facer a presentación da 50ª Edición deste evento de exaltación do viño do Ribeiro. No Museo de Arte Contemporáneo se congregaron Marcos Blanco...[Leer más]


10.04.2013

PRESENTADO EL PROGRAMA DE ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING “50ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”

En el Salón de Plenos del Ayuntamiento de Ribadavia ha tenido lugar la presentación del programa de las actividades enogastronómicas de la 50ª Edición de la “Feira do Viño do Ribeiro”. En el acto estaban presentes el Alcalde del...[Leer más]


10.04.2013

LOS VINOS DEL RIBEIRO EN EL SALÓN GOURMETS DE MADRID

La Denominación de Origen Ribeiro celebró ayer en Gourmets una cata de armonías dirigida al sector profesional[Leer más]


05.04.2013

EL C.R.D.O. RIBEIRO Y EL CONCELLO DE RIBADAVIA PRESENTARON EL CARTEL PARA LA 50ª FEIRA DO VIÑO

Un jurado profesional ha seleccionado la obra ganadora entre los 213 trabajos presentados a concurso[Leer más]


05.04.2013

La 50 Feira do Viño do Ribeiro ya tiene cartel

El concurso de Carteles de la 50 Feira do Viño do Ribeiro ya tiene ganador. A continuación os presentamos el cartel de la Feira do Viño do Ribeiro 2013. [Leer más]


01.04.2013

Concurso de Carteis da 50 Feira do Viño do Ribeiro

O concurso de Cartéis da 50 Feira do Viño do Ribeiro queda listo para sentencia. Hoxe mesmo, se coñecerá o nome do gañador e poderemos ver o cartel da feira deste ano.[Leer más]


 

Lorem ipsum
Lorem ipsum
Lorem ipsum