Ruta do Viño do RibeiroEnoturismoNova

Novas

07.05.2012 12:26
O Ribeiro entrega os premios da Feira do Viño do Ribeiro

O C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia entregaron os premios da Cata Popular e do concurso de escaparates da 49ª edición da Feira do Viño do Ribeiro.

O alcalde de Ribadavia, D. Marcos Blanco Jorge e o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, D. Luis Anxo Rodríguez Vázquez, estiveron a cargo da entrega de premios na que tamén participaron concelleiros do goberno de Ribadavia, membros da oposición, e D. Rogelio Martínez, delegado da Xunta de Galicia en Ourense.

PREMIOS CATA POPULAR DA 49ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

Premios concedidos polos visitantes da feira mediante a súa valoración en cata a cegas dos viños das adegas expositoras. O concurso tivo lugar no local social da Madalena os días 4 e 5. Nel participaron un total de 28 mostras (18 de viño branco e 10 de viño tinto) e emitiron os seus votos preto de 200 persoas, outorgando os seguintes premios:

VIÑOS BRANCOS DE ADEGAS

- 1º premio: Divino Rei de Castro Rei S.L.

VIÑOS BRANCOS DE COLLEITEIROS

- 1º premio: Leive Paradigma de Adegas Áurea Lux S.L.
- 2º premio: Pazo Lodeiro de Julio Vázquez Quintela.

VIÑOS TINTOS
- 1º premio: Elisa Collarte de Elisa Collarte Bernárdez
- 2º premio: Viña do Avó de Antonio Cajide Gulín.

Por maior proximidade das súas puntuacións aos premios finalmente outorgados neste concurso, distinguíronse como mellores catadores nas modalidades de branco e tinto a:

MELLOR CATADOR DE VIÑOS BRANCOS
- Laura Varela Bellón (de Miño – A Coruña)

MELLOR CATADOR DE VIÑOS TINTOS

- Óscar López Iglesias (de Barbadás – Ourense)


PREMIOS CONCURSO DE ESCAPARATES

Participaron nesta edición un total de 20 establecementos comerciais de Ribadavia. O fallo do xurado integrado por dúas escaparatistas, o concelleiro de Turismo de Ribadavia e un representante do C.R.D.O. Ribeiro outorgou:

PRIMEIRO PREMIO

- Tríos Moda

ACCÉSIT

- Parafarmacia Salux

ACCÉSIT

- Moncho Fotógrafo


Cata Oficial

Os premios da Cata Oficial do Consello Regulador da D.O. Ribeiro debido á metodoloxía establecida nas súas bases, que inclúe a toma de mostras no mercado, seguiranse a celebrar en xuño, desvelando os seus resultados nun acto programado para o vindeiro 21 dese mes.


 



 

Siguenos en...



Novas

19.04.2013

VIGO ACOLLE A PRESENTACIÓN 50 ª EDICIÓN DA FERIA DO VIÑO DO RIBEIRO

As entidades organizadoras da Feira do Viño do Ribeiro elixiron a Cidade de Vigo para facer a presentación da 50ª Edición deste evento de exaltación do viño do Ribeiro. No Museo de Arte Contemporáneo se congregaron Marcos Blanco...[Ler máis]


10.04.2013

PRESENTADO O PROGRAMA DE ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING “50ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”

No Salón de Plenos do Concello de Ribadavia tivo lugar a presentación do programa das actividades enogastronómicas da 50ª Edición da Feira do Viño do Ribeiro. No acto estaban presentes o Alcalde do Concello de Ribadavia, Marcos...[Ler máis]


10.04.2013

OS VIÑOS DO RIBEIRO NO SALÓN GOURMETS DE MADRID

A Denominación de Orixe Ribeiro celebrou onte en Gourmets unha cata de harmonías dirixida ao sector profesional[Ler máis]


05.04.2013

O C.R.D.O. RIBEIRO E O CONCELLO DE RIBADAVIA PRESENTARON O CARTEL PARA A 50ª FEIRA DO VIÑO

Un xurado profesional seleccionou a obra gañadora entre os 213 traballos presentados a concurso[Ler máis]


01.04.2013

A 50 Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel

O concurso de Cartéis da 50 Feira do Viño do Ribeiro xa ten gañador. A continuación vos presentamos o cartel da Feira do Viño do Ribeiro 2013. [Ler máis]


01.04.2013

Concurso de Carteis da 50 Feira do Viño do Ribeiro

O concurso de Cartéis da 50 Feira do Viño do Ribeiro queda listo para sentencia. Hoxe mesmo, se coñecerá o nome do gañador e poderemos ver o cartel da feira deste ano.[Ler máis]


 

Lorem ipsum
Lorem ipsum
Lorem ipsum