Ruta do Viño do RibeiroEnoturismoNova

Novas

14.11.2011 15:03
A Ruta do Viño do Ribeiro valora positivamente a celebración da II Xornada de Portas Abertas, na celebración do Día Europeo do Enoturismo

O pasado sábado día 12 de novembro, as adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro foron o destino elixido por preto de trescentas persoas, procedentes de moitos e variados puntos da xeografía galega e, como non, doutras cidades españolas, como Madrid.  En todo caso, compre destacar que unha grande maioría de público procedía da nosa comunidade autónoma, Ourense, Verín, Lugo, Santiago  ou Pontevedra son algunha das cidades de orixe dos grupos de turistas que viñeron a celebrar o día Europeo do Enoturismo no Ribeiro. 

As visitas, con respecto á I Xornada de Portas Abertas celebrada en 2010, aumentaron considerablemente, o que consolida esta actividade como unha iniciativa de atracción para o público e un novo recurso de promoción para o Ribeiro e sobre todo para os seus viños. 

As condicións meteorolóxicas acompañaron á xornada e promoveron  a participación dos visitantes nas diferentes actividades programadas polas adegas, visitas a viñedos, paseo pola historia das adegas e degustación dos viños, sen esquecer a posibilidade de visitar a Reitoral de Santo André de Camporredondo, sede do futuro Museo Galego do Viño. 

Os grupos de persoas que se achegaron esta fin de semana ao Ribeiro tiveron a oportunidade de coñece rde primeira man, e ser protagonistas da cultura do viño nunha das denominacións de Orixe máis antigas de España. 


 

Siguenos en...



Novas

11.02.2012

O Ribeiro máis cerca con Caldaria

Vir ao Ribeiro en Alta Velocidade agora é máis sinxelo. Para que te olvides do coche, Caldaria ofrece un servicio exclusivo aos seus clientes de transfer dende a estación ao seu Hotel Balneario de Laias.[Ler máis]


05.02.2012

Ribeiro Solidario, a carreira e andaina máis divertida do mundo

O vindeiro 19 de febreiro se celebra no Ribeiro a carreira popular Ribeiro Solidario. A competición inclue unha media maratón e uhna andaina popular. Ven a correr ao Ribeiro ¡Apúntate![Ler máis]


01.02.2012

Especial San Valentín en Caldaria

Disfruta coa tua parella do especial encanto de Caldaria. Aloxamiento, programa termal e cea romántica a un prezo moi especial. En San Valentín ven ao Ribeiro.[Ler máis]


01.02.2012

Entre Viñedos con Entretempos

O Ribeiro ofrece unha das paisaxes máis espectaculares do norte de España, e sería unha pena que non o coñeceras. Por eso Entretempos invítavos a participar nunha visita interpretada pola cuna do viño Ribeiro, cun recorrido por...[Ler máis]


01.02.2012

Oferta especial San Valentín - As Casiñas do Ribeiro

Unha escapada romántica con experiencias que despertarán os teus sentidos. Preparámosche unha velada completa e personalizada mimando cada detalle. [Ler máis]


01.02.2012

Curso de Inmersión en Inglés - Enoturismo

¿Gustaríache disfrutar dunha experiencia de fin de semana entre viñedos, cepas, adegas a vez que practicas o teu inglés? Ven ao Ribeiro, aquí encontarás o que buscas.[Ler máis]


 

Lorem ipsum
Lorem ipsum
Lorem ipsum