Ruta do Viño do RibeiroEnoturismoNova

Novas

04.06.2012 21:11
Ribeiro de Copas

18 locales de viños de Santiago de Compostela e 18 adegas participan nesta promoción do Consello Regulador, dirixida a promover o consumo por copa dos viños con Denominación de Orixe do Ribeiro na capital de Galicia.

Báixate o tríptico completo en pdf de Ribeiro de copas, atoparás ademáis un concurso moi especial

Os viños da Denominación de Orixe Ribeiro inundarán esta fin de semana as principais tabernas e bares de viños de Santiago de Compostela na campaña Ribeiro de Copas.


Por primeira vez 18 adegas do Ribeiro se presentarán en Santiago nunha iniciativa encamiñada a favorecer o acceso das grandes marcas do Ribeiro á hostalería e ao consumidor compostelán; aproveitando ademáis a cualidade de Santiago como capital turística, e o grande potencial da súa oferta hostaleira, que a converten nunha das máis relevantes rutas de viño en Galicia.


O Ribeiro de Copas, do 7 ao 9 de xuño, presenta unha mensaxe de consumo de viño de calidade nun tono desenfadado, afin ao “copeo” da noite compostelana.  Deste xeito, o consumidor terá unha oportunidade única para degustar un total de 29 marcas (18 de branco e 11 de tinto), todas elas a copeo nos bares da cidade.


De xeito paralelo, a nosa  sota de copas, proporá en cada establecemento colaborador preguntas relacionadas coa nosa Denominación, para sortear entre todos os participantes 18 viaxes de dúas persoa ao Ribeiro, nunha xornada que ningúen poderá esquecer.

Como actividade forte da fin de semana, o xoves 7 de xuño, 18 adegas do Ribeiro se repartirán ás 18 viñotecas da ruta para presentar os seus viños directamente ao consumidor,  nunha noite na que Santiago beberá Ribeiro.


Adegas Participantes

Adega de Eladio

Adega Pousadoiro

Adega Sameirás

Alecrín

A Portela

Campante 

Casal de Armán

Coto de Gomariz

Cunqueiro

Eloi Lorenzo

Lagar do Meréns 

Manuel Formigo

Nairoa

Pazo Casanova

Pazo de Vieite

Pazo Lalón

Terra do Castelo

Valdavia



Locais colaboradores

A Casa do Medio Raíña, 18

A Moa San Pedro, 32

A Viña de Xabi Fernando III O Santo, 4 

Abastos 2.0 Praza de Abastos

Acio Galeras, 28 

ArteSana Gastrobar Avda. Ferrol, 9 

Bicoca Entremuros, 4

Bistró Bar Leal San Pedro de Mezonzo, 5

Bodeguilla de San Lázaro San Lázaro, 104

Bodeguilla de San Roque San Roque, 13

Galopín Cantina Fernando III O Santo, 1

Garum Bistró Praciña da Penas, 1

La Flor Casas Reais, 25 

O Celme do Caracol Raíña, 22

Restaurante Central Raíña, 15

Rte. Los Caracoles Raíña, 14

Restaurante San Jaime Raíña, 4 

Tapería Castelao Rúa Nova de abaixo, 7


 

Siguenos en...



Novas

19.04.2013

VIGO ACOLLE A PRESENTACIÓN 50 ª EDICIÓN DA FERIA DO VIÑO DO RIBEIRO

As entidades organizadoras da Feira do Viño do Ribeiro elixiron a Cidade de Vigo para facer a presentación da 50ª Edición deste evento de exaltación do viño do Ribeiro. No Museo de Arte Contemporáneo se congregaron Marcos Blanco...[Ler máis]


10.04.2013

PRESENTADO O PROGRAMA DE ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING “50ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”

No Salón de Plenos do Concello de Ribadavia tivo lugar a presentación do programa das actividades enogastronómicas da 50ª Edición da Feira do Viño do Ribeiro. No acto estaban presentes o Alcalde do Concello de Ribadavia, Marcos...[Ler máis]


10.04.2013

OS VIÑOS DO RIBEIRO NO SALÓN GOURMETS DE MADRID

A Denominación de Orixe Ribeiro celebrou onte en Gourmets unha cata de harmonías dirixida ao sector profesional[Ler máis]


05.04.2013

O C.R.D.O. RIBEIRO E O CONCELLO DE RIBADAVIA PRESENTARON O CARTEL PARA A 50ª FEIRA DO VIÑO

Un xurado profesional seleccionou a obra gañadora entre os 213 traballos presentados a concurso[Ler máis]


01.04.2013

A 50 Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel

O concurso de Cartéis da 50 Feira do Viño do Ribeiro xa ten gañador. A continuación vos presentamos o cartel da Feira do Viño do Ribeiro 2013. [Ler máis]


01.04.2013

Concurso de Carteis da 50 Feira do Viño do Ribeiro

O concurso de Cartéis da 50 Feira do Viño do Ribeiro queda listo para sentencia. Hoxe mesmo, se coñecerá o nome do gañador e poderemos ver o cartel da feira deste ano.[Ler máis]


 

Lorem ipsum
Lorem ipsum
Lorem ipsum